venres, 28 de novembro de 2014

Programar, unha función máis do docente


Bo día!
Good morning!
Bonjour!
¡Buenos días!

Hoxe toca falar un pouco de teoría, xa que na sesión do mércores con Carlos tratamos principalmente o tema da programación. Este tema xa o teríamos que ter bastante controlado da materia de Deseño Curricular e Organización de Centros Educativos do módulo común, pero por motivos que todos coñecemos, creo que nos veu ben o repaso para ter todo claro e que as nosas nocións sobre este tema non se baseen só na elaboración de dúas unidades didácticas sen ningunha explicación previa a maiores da frase: «No os preocupéis, hay un montón en Internet que os pueden servir de modelo». 




Ben, queixas a parte, a explicación de onte comezou recordando o pouco que nos quedou claro da materia que comentei antes: a estrutura do unidade didáctica. Ao principio Carlos tamén nos explicou as utilidades que ten programar; entre elas atópanse as de organizar e planificar o traballo e tamén é moi importante nos casos de sustitución para que o profesor sustituto teña a onde recurrir para saber que contidos ten que dar, cales xa deberían saber os alumnos, que obxectivos se teñen que cumprir, ... Despois pasamos á explicación das partes da programación nun centro (programación didáctica e programación de aula), as distintas fases na programación dun centro (programación didáctica, programación do curso e programación de aula), as fontes ás que recurrir para levar a cabo a programación (fontes didácticas, fontes psicolóxicas, fontes socilóxicas e fontes epistemolóxicas) e, por último, a estrutura da programación didáctica comparándoa coa da unidade didáctica á que se parece moito, só que esta útlima ten un maior nivel de concreción.

Antes do descanso, vimos a convocatoria das oposición deste ano, algo que nos podía parecer máis preto no tempo que aplicar todo o aprendido á hora de traballar nun centro. Gracias a isto entendemos que o contido desta clase será moi importante telo claro, non só para o exercicio da nosa profesión, xa que eleborar unha programación didáctica, unha programación de aula e unha unidade didáctica son funcións que  vamos ter que levar a cabo como docentes, senón que tamén para poder acceder a esa profesión mediante as oposicións onde nos pedirán que elaboremos e presentemos unha programación de aula.

Paréceme impotante reflexionar, como fai Aida na súa última entrada Érase una vez... el mundo de programar!, sobre a práctica que se da (por desgracia) en bastantes centros de reciclar as programacións dun ano para outro sen adaptalas aos novos alumnos nin aos cambios que se poidan ir producindo no contexto do centro ou no mesmo centro. Como xa comentei na dita entrada, creo que iso só leva a reducir o nivel do noso sistema educativo e, engadirei ademais, que así só se suman argumentos a favor da visión do docente que hai hoxe en día nunha gran parte da sociedade. A visión á que me refiro é a do profesor como unha persoa á que a seguridade de ter un posto fixo a levou a acomodarse e non esforzarse no seu traballo. Creo que Carlos, na sesión do pasado mércores, tratou de concienciarnos de que para ser uns bos docentes terémonos que esforzar en todas as funcións que nos corresponden e de que estas van moito máis alá de explicarlles uns contidos aos nosos alumnos.

Para rematar esta entrada sobre a progamación, aquí vos deixo un resumo do que para min foi máis lioso da explicación feito coa aplicación Glogster, recomendada pola nosa compañeira Cristina na súa entrada Second Class e coa que tamén traballamos onte na materia de Estratexias de Innovación Docente no Campo das Linguas Estranxeiras. Espero que vos sexa de axuda! 



Déixovos aquí tamén o enlace para que o poidades ver máis grande: Glogster Programación.


Ata a próxima!


9 comentarios:

  1. Todas, yo la primera, pusimos cara a Carlos de que había perdido la cabeza cuando dijo que le gustaba programar. Lo cierto es que ahora no me parece tan descabellado. Es como aquel que, en el trayecto de avión al destino de su viaje, se abre de libreta y empieza a planificar su viaje. No sólo se trata de organizarse para sacar el mayor provecho del viaje y no perder el tiempo, sino que también se proyectan en esa programación las ilusiones, expectativas...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sí, estoy totalmente de acuerdo contigo y me parece muy acertado el símil aunque no me había parado a pensarlo de ese modo. Yo tras la explicación del miércoles veía la programación como una forma de organizar el trabajo y de poner por escrito tus ideas para que otras personas involucradas en lo que vas a llevar a cabo durante el curso puedan acceder a esa información. Pero me parece muy interesante también la visión que tu propones de la programación como un documento en el que vas planificando tus objetivos y tus ilusiones. Gracias por el comentario :)

      Eliminar
  2. Paréceme moi boa reflexión a de que programar nos vai servir a curto prazo para a oposición moito antes de chegar a facelo realmente para dar clase. Opino o mesmo, o mestrado formanos á vez para ser bos docentes pero tamén debería ter unha parte orientada á oposición en si como o que fixo Carlos o outro día.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Es cierto que debería dedicarse algo de tiempo a una mínima formación en temas laborales. De hecho, yo misma escribí hace unas semanas a la secretaría del máster sugiriendo la posibilidad de que se hiciese alguna charla en ese sentido, aunque no sé si se llegará a poner en práctica la idea...

      Eliminar
    2. Si, eu tamén penso coma vós dúas; de feito, nun cuestionario que nos pasou o titor onde tiñamos que poñer que esperabamos do PAT puxen que me gustaría que se tratasen temas que nos puideran servir de axuda á hora de incorporarnos ao mercado laboral. En canto ao das oposicións, tamén me parece que este máster debería ter algo de formación acerca desas probas, xa que é para o que facemos o máster a maioría de nós. Non deberían permitir que a nosa información acerca do tema dependa só de se a un profesor lle parece importante que teñamos información sobre elas ou non. Gracias por comentar :)

      Eliminar
    3. E que non ten moito xeito pagar este master e logo, aínda por riba, ter que pagar unha academia para preparar as oposicións.

      Eliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  4. Estoy de acuerdo con vosotras, pero también creo que la calidad de la programación no solo debería depender del docente. Más bien, me refiero a que debería haber cierto control sobre la programación de cada departamento dentro de un centro para poder garantizar que cada profesor hace su trabajo y para que esos a los que les da igual preparar bien su programación no puedan "salirse con la suya".

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Me parece una muy buena idea la que propones ya que sería una forma de asegurarse de que realmente se hacen las cosas como se deben hacer al no dejarlo todo en manos de una persona y darle a la programación un matiz de "obligatoria" o "necesaria" y no dejarlo en "recomendable".

      Eliminar