martes, 23 de decembro de 2014

Os artigos sobre a destreza da produción escrita e algo máis

Ola a tod@s!
Salut à tous!
Hi everyone!
¡Hola a tod@s!


Hoxe vou falar da segunda sesión que tivemos con Gonzalo fai xusto unha semana. Nesta sesión, tres das nosas compañeiras expuxeron tres artículos relacionados coa destreza da escritura nas clases de lingua estranxeira. A primeira delas foi sobre o uso de Facebook na clase (Alejandra Alonso), a segunda sobre unha nova forma de ensinar a escribir que consistía en que os alumnos primeiro saiban o que está mal para logo chegar ao que está ben (Aida Alonso) e a última exposición trataba sobre o feedback (Cristina Caramés). 

domingo, 14 de decembro de 2014

Análise dunha programación didáctica

Bo día!

Como xa vos imaxinaredes, nesta entrada falareivos da programación didáctica que seleccionamos as miñas dúas compañeiras de grupo, Aida e Ana, e eu, para poder realizar a encomenda que nos propuxo Carlos. 

xoves, 11 de decembro de 2014

A escritura e as clases de inglés

Ola a tod@s!
Salut à tous!
Hi everyone!
¡Hola a tod@s!


Hoxe quería contarvos que son unha persoa á que lle encanta escribir, non no sentido de crear historias inventadas ou sobre o meu pasado, obras de teatro, poemas ou ensaios (que tamén); pero aquí refírome á acción en si, o feito de coller un papel e un bolígrafo e comezar a ordenar as miñas ideas; ben sexan apuntes, a lista da compra ou pensamentos sobre calquera tema. Arriscándome a que pensedes que vivo no século pasado direi, tamén, que se é cun bolígrafo e en papel, mellor. Escribir nun teclado, para min, non é o mesmo, si que me gusta, xa que ao fin e ao cabo o proceso é igual, pero non me transmite a mesma sensación. E preguntarédesvos: a que vén isto? Pois fago esta entrada debido á clase que tivemos o martes con Gonzalo, da materia As linguas estranxeiras no contexto nacional e internacional, na que falamos da destreza da escritura, writing ou l'ecrit

venres, 5 de decembro de 2014

E ti, como queres avaliar?

Ola a tod@s!
Salut à tous!
Hi everyone!
¡Hola a tod@s!


Hoxe toca falar da última sesión con Carlos. A explicación do pasado mércores pareceume moi importante para reflexionar sobre un dilema que se nos vai presentar a todas en canto comecemos a exercer a nosa profesión, e que ademais será probablemente un tema de conflito cos alumnos ou mesmo, no caso dos institutos, cos pais (como se comentou na clase). Este gran dilema é: como queremos avaliar?

mércores, 3 de decembro de 2014

Aprender gramática falando?

Ola a tod@s!

Hoxe quería compartir con vós uns exercicios de gramática que tiña preparados para a clase de onte con Rosa pero que, como o exercicio foi un pouco diferente do que esperabamos, (entre outras cousas) non puiden poñer en práctica. Decidín compartilos no Blog porque me pareceron unha forma de aplicar o enfoque comunicativo á gramática e, polo tanto, unha forma diferente de traballar a gramática (neste caso o Second Conditional) e que igual vos podían servir de inspiración.