Ola a tod@s!
Hoxe quería compartir con vós uns exercicios de gramática que tiña preparados para a clase de onte con Rosa pero que, como o exercicio foi un pouco diferente do que esperabamos, (entre outras cousas) non puiden poñer en práctica. Decidín compartilos no Blog porque me pareceron unha forma de aplicar o enfoque comunicativo á gramática e, polo tanto, unha forma diferente de traballar a gramática (neste caso o Second Conditional) e que igual vos podían servir de inspiración.
O primeiro destes exercicios pódese aplicar, eu creo, a calquera dos condicionais e incluso a moitos más aspectos da gramática, pero este exemplo está pensado para o Second Conditional.
A primeira indicación que se lles debería dar aos alumnos é que completen unha serie de frases coas súas propias ideas e coa estrutura do Second Conditional (suponse que xa se fixo a explicación e que o exercicio é para poñer en práctica o explicado). As frases a completar neste exemplo serían as seguintes:
- If I were the richest person in the world, ...
- I would be happy…
- If I were you,...
- If I met a famous person,...
- If I could travel anywhere for free, ...
- If I had a world of my own,...
Unha vez todos teñan
as frases completadas coas súas ideas, explicaríaselles a seguinte parte do
exercicio, que consistirá en que un deles lea en voz alta unha das frases, pero
só a parte que el escribiu, e o resto da clase deberá debater e adiviñar a que frase
completan esas palabras, por suposto, en inglés ou na lingua que corresponda.
Así os alumnos repasarán a estrutura gramatical, á vez que a destreza de Speaking.
A segunda
actividade xa é máis restritiva en canto ás estruturas gramaticais que se poden
practicar con ela; pero considero que é unha forma amena e divertida para eles
de practicar o Second Conditional ao mesmo
tempo que a produción oral.
O exercicio consiste
en que, en grupos de catro, debatan sobre que tres obxectos elexirían se
estivesen nunha illa deserta (If you were lost in a desert island which
three things would you choose?). Indicaráselles que deberán debater usando
oralmente a estrutura explicada, e que ao chegar a unha decisión, deberán
elixir a un portavoz do grupo para que comunique dita decisión ao resto da
clase.
Espero que vos parecesen interesantes os exercicios e que algún día vos sirvan de inspiración.
Ata a próxima!
Ola Alicia, parecéronme muy interesantes os exercicios prospostos.
ResponderEliminarA primeira actividade creo que é moi orixinal porque os estudantes poden crear as suas propias frases e desenvolver a súa creatividade. Eu lembrome de facer exercicios de "pon os verbos en forma condicional" que eraj moi aburridos e totalmente descontextualizados e logo á hora de empregar na fala ou nun texto estas estruturas ninguén sabía como.
Tamén parecume una idea moi boa que o resto da clase teña que adiviñar a que frase corresponde o que leron os compañeiros. Isto fará que o resto da clase escoite con atención as propostas dos demáis. Ademáis, como dixo Luz, a profesora do noso grupo, se convertemos esta actividade nunha "competición" (dándolle un premio como un caramelo ou unha pegativa ó primeiro que acerte) crearemos un pouco de competencia sá e de motivación que nunca están de máis.
Bó traballo! Un saúdo.
Paréceme unha moi boa forma de mellorar o exercicio e de engadirlle un plus de motivación para os alumnos o de fomentar a competecia sá dándolle un premio ao primeiro en adiviñar o comezo da frase. Gracias polo comentario e pola proposta! Tereina en conta se algún día levo á práctica estes exercicios.
Eliminar