Hi everyone!
Salut à tous!
¡Hola a tod@s!
¡Hola a tod@s!
Ola a tod@s!
Como adiantei na entrada anterior, aquí estou inaugurando o apartado de Biografía deste Blog. Creo que o que se espera deste apartado é que comece facendo unha pequena introdución sobre min relacionándoa con este máster; así que: Let's go!
O meu interese por este máster empezou un bo día que estaba eu sentada no xardín apoiada nunha árbore mentres lía un libro de inglés e de repente... vexo un coelliño que pasa cun reloxo na man e todo apurado me di «You will became a excelent English teacher»....
Era broma! Sinto dicirvos que a
historia real é moito máis insípida. Todo comezou xa na escola, onde espertou o
meu interese polo inglés. Dende a primeira toma de contacto con esa materia
tiven claro que era o meu, é máis, xa me atrevía, aló por primeiro ou segundo
de primaria, a cantar todas as cancións en inglés que poñían na radio dende o
primeiro verso ata o último (claramente inventando algo polo medio, pero eu
poñíalle moitas ganas). Por outra banda, tamén naqueles anos, miña nai era
profesora particular e na casa tiña unha habitación con pupitres, sillas e unha
pizarra para impartir esas clases. Esa habitación, os días nos que ela non daba
clases, convertíase na miña habitación de xogos, onde eu impartía diversas
materias aos meus alumnos imaxinarios. Vaia por diante que non considero que
tivera nunca vocación de profesora, esa foi unha máis das etapas de «eu de
maior quero ser...» polas que pasei, como a de cantante ou mesmo a de taxista,
si, si, taxista.
Na etapa do instituto seguiu aumentando o meu interese por esa lingua e ademais descubrín que non me pasaba só co inglés, senón que sentía especial motivación coas linguas en xeral, coñecín o francés e tamén me gustou, e aumentou o meu interese polo estudo do galego (o castelán, creo que debido sobre todo aos profesores que tiven no instituto, só me chegou a atraer tanto coma as outras linguas cando comecei o Grao). Naqueles anos, seguía sen ter claro cal quería que fose a miña futura profesión, o que foi un problema á hora de elixir a especialidade de bacharelato que quería cursar. Gustábanme moito as linguas pero, por exemplo, as materias de bioloxía ou química tamén me parecían moi interesantes. Ao final, decidínme en ultimísimo momento (cando estaba xa esperando para entregar o sobre na ventá da secretaría) polo bacharelato científico escollendo como unha optativa francés, pois tiña claro que non quería deixar de lado os idiomas. Durante eses dous anos fun aclarando un pouco as ideas e decidinme pola rama contraria: o Grao en Traducción e Interpretación. É curioso o feito de que unha das profesións que me gustaría exercer por aquel entonces era a de profesora, pero tiña unha visión do Grao en Maxisterio que non se correspondía para nada coa realidade que agora coñezo (pensaba, non me preguntedes porqué, que tería que volver estudar máis ou menos todo o que xa estudara neses anos para despois podelo ensinar ben) e na que non me apetecía nada pasar os seguinte catro anos. Entón quedou descartada esa opción.
Ao final, conseguín comezar o Grao en Tradución e Interpretación pola rama que máis me interesaba que era a de inglés-galego e de segunda lingua estranxeira francés. O primeiro ano foi un pouco decepcionante pero en segundo e terceiro si que comecei a sentir que facía o que me gustaba.
Despois de todo isto pregutarédesvos: «E logo, esta que fai neste máster?». Agora é cando volo vou intentar explicar. Durante toda a carreira tiven presente que unha das posibles saídas era a de profesora, aínda que sempre a deixaba como unha última opción. Ata que un día intentei axudarlle a unha amiga a entender a conxugación dos verbos irregulares en galego. O meu método era intentar transferirlle as estratexias que eu empregara: asociar uns con outros e establecer regras eu mesma por similitudes. Mentres estábamos as dúas a ese labor, había outra compañeira de piso na mesma habitación á que lle chamou moito a atención a paciencia que mostraba e o empeño que poñía en axudarlle a aprender. Que a miña compañeira me dixese iso fixo que me viñera á cabeza o recordo de cando daba clases aos alumnos imaxinarios, o feito de que para min sempre fora unha opción (aínda que sempre estivera nos últimos postos) o de ser profesora e tamén me fixo reflexionar sobre as miñas capacidades para exercer esa profesión. Nese momento foi cando a opción de ser profesora ascendeu postos e se colocou no segundo lugar. Por iso foi polo que, unha vez rematada a carreira, decidín abrir unha porta por outro lado e ampliar o abano de posibilidades que me esperan ao enfrontarme ao mercado laboral.
Xa sei que isto non é o que se espera, que a maioría de vós estades aquí por unha verdadeira vocación; pero, como vedes, son unha persoa bastante insegura e indecisa e aínda hoxe non teño as ideas de todo claras. O que si que podo afirmar con seguridade é que me está encantando este máster e que está facendo que aumente en min o interese por esta profesión. Antes falei das reflexión sobre as miñas capacidades para ser profesora aínda que non aclarei moito xa que quería esperar a falar primeiro do máster, que foi o que contribuíu a completar esa reflexión. Cando ocorreu aquel feito que espertou en min a «vea docente» só vía as características da miña personalidade positivas para esta profesión: a paciencia, que me gusta facerme entender, que son unha persoa tranquila á que é moi difícil alterar, organizada e perfeccionista, considero que a educación é unha das bases dunha sociedade e que esa educación non se debe basear só nos contidos das distintas materias senón tamén en educar a bos cidadáns para a sociedade actual, encántame sentirme útil para outra persoa, axudar, sentir que sirvo para algo, ... Pero sei tamén (e, parece mentira, pero diso non fun de todo consciente ata que comecei o máster e reflexionei sobre as prácticas) que teño un gran handicap: son unha persoa bastante tímida e insegura á que lle custa moito falar en público. Polo que teño claro que a pesar das boas cualidades e as ganas de ser profesora coas que conto, tamén me vou ter que esforzar moito para deixar a un lado ese handicap e poder exercer o mellor posible esta profesión.
Ups! Creo que se está facendo un pouco longa de máis esta entrada. En resumo, que a pesar de non ter vocación veño con moitas ganas de aprender a ensinar e de aprender a transferirlles aos meus futuros alumnos todo o que eu sei (e vaia aprendendo ata, ou incluso durante, o exercicio da profesión) e que lles poida ser de utilidade en calquera momento da súa vida. Non busquedes neste Blog estratexias ou anécdotas de experiencias previas xa que, por desgracia, nunca impartín unha clase nin tiven ningunha experiencia relacionada, máis alá desas clases con alumnos imaxinarios ou de aquelas nas que eu era a alumna e outros ensinaban. O que si atoparedes aquí é ilusión, ganas, reflexións e suxerencias que, evidentemente, como non foron levadas á práctica poden dar malos resultados, pero que levarán a mellor das intencións.
Perdoade pola parrafada. Espero que vos servise para coñecerme mellor e que non se vos fixera moi aburrida.
Ata a próxima! :)
P.D.: Non me olvido dos temas que me quedan por falar da clase pasada. Tiña pensado incluílos nesta entrada pero quedoume máis longa do que esperaba. En breves redactarei outra neste apartado na que sí que xa tratarei os debates que tivemos.
Moi orixinal o teu comezo! :)
ResponderEliminarÁs veces, ter vocación non é doado, sen embargo, traballando, pode aparecer. É xenial que che esté pasando iso!
Me encanta que, aunque no hayas tenido vocación desde el principio, poco a poco te vaya gustando esta profesión que a tanta gente le apasiona. Además, este máster, por suerte, nos enseña a ser profesores "diferentes". Con diferentes me refiero a no ser como los docentes a los que normalmente estamos acostumbrados.
ResponderEliminarUn saludo, profe! :)
Me ha encantado tu historia, y es que comparto la misma vocación. Siempre he pensado que hay pocas cosas más maravillosas que adorar lo que haces y encontrar lo que de verdad está hecho para ti.
ResponderEliminarMe encanta ver que no soy la única así.
Muy bueno el post....¡Ha sido muy divertido!