venres, 14 de novembro de 2014

Presentación

Bos días a tod@s!


Son Alicia e este é o Blog que empregarei como portfolio para deixar plasmadas as miñas reflexións sobre o que vaiamos aprendendo ao longo destas catro semanas na materia de Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras, ademais dos distintos traballos que fagamos. Intentarei tamén darvos a coñecer as miñas experiencias pasadas relacionadas cos temas que tratemos durante as distintas sesións e as diferentes reflexións sobre o pasado, presente ou futuro ás que me fagan chegar eses temas.

Espero que vos gusten e vos parezan interesantes as miñas entradas. Moito ánimo con esta aventura «bloggeira» (especialmente para as novatas coma min)




1 comentario:

  1. Ola Alicia!

    Gústame moito o deseño do teu blog e o seu título e, ademais, como di a imaxe que puxeches ao final da entrada, nada é imposible, así que espero que nos convirtamos nunhas expertas bloggeiras.

    Ata outra!

    ResponderEliminar