venres, 21 de novembro de 2014

Aprender cantando

Ola a tod@s!
Hi everybody!
Salut à tous!
¡Hola a tod@s!


Preguntarédesvos: e esta entrada a que vén? Pois decidín escribir sobre isto debido á clase do pasado luns con Mª Carmén onde nos comentou que na seisión do luns que vén teremos que idear unha actividade para empregar nunha clase de lingua estranxeira que estea baseada nunha canción ademais de explicarnos que distintas competencias e contidos podemos tratar a través das cancións, como podemos organizar esa actividade, ... Esa explicación lembroume a un obradoiro ao que acudín fará tres ou catro semanas, na FFT, sobre o pontencial da música na ensinanza das linguas estranxeiras «Growing for a Change: The True Potencial of Music and Songs in ELT» impartido por Rick Sampredo. Foi un obradoiro moi interesante e que considero que pode ser de axuda para a actividade do próximo luns, por iso o quixen compartir aquí con vós.


Rick Sampedro comezou explicando cales son os problemas máis comúns nos estudantes á hora de aprender unha lingua estranxeira:

  • Comprensión oral (Listening comprehensión)
  • Expresión oral (Speaking)
  • Vocabulario específico ( Specific vocabulary)
  • Coñecemento das problemáticas globais (Knowledge of global issues)


Para logo enumerarnos algúns da gran cantidade de aspectos que se poden tratar cunha canción nunha clase de lingua estranxeira:
  • Mellorar as destrezas de escoita (Improve listening skills)
  • Ampliar o vocabulario específico (Expand specific vocabulary)
  • Analizar as distintas regras da lingua (Analyse language use)
  • Cuestionar estereotipos, prexuízos... (Challenge stereotypes, prejudices...)
  • Tratar problemáticas socias (Explore social issues)
  • Activar destrezas do pensamento crítico dos alumnos (Activate critical thinking skills)
  • Divertirse (Have fun)
  • Tratar as distintas emocións humanas (Tap upon human emotions)

Explicounos que sempre deberíamos ter claro o elemento que vamos empregar para comezar a actividade (starting point) e propuxonos varias opcións:
  • Unha historia relacionada coa canción (unha noticia, unha lectura, ...)
  • A canción en si (escoitándoa)
  • A letra 
  • Algún fragmento dunha película ou o argumento dunha película no que ou ben apareza a canción ou ben que este relacionado con ela polo contido
  • Algún apartado do libro de texto que estea relacionado coa canción elixida

Tamén deberemos ter clara a progresión que vai seguir a actividade tendo en conta que se poden dar infinitas convinacións e que a actividade se poderá alongar tantas sesión como queiramos relacionando os exercicos anteriores e infinidade deles máis. 
Para que coñecéramos máis exercicios que se poden elaborar a partir de cancións entrougounos unhas fotocopias nas que nós deberiamos actuar como alumnos e resolver diferentes exercicios relacionados coa música ou cunha canción. Un deses exercicios que me pareceu bastante interesante consistía en escribir unha versión da canción «What a wonderful world» de Louis Armstrong seguindo as mesmas estruturas sintácticas empregadas na canción pero cambiando os compoñestes.

Ex.: And I say to myself: What a wonderful world.
      And I say to Alan: What a beautiful eyes. 

Igual este non é o mellor exemplo, pero un exercicio coma estes pode servir para que os alumnos cheguen a deducir estruturas sintácticas ou simplemente para que as practiquen. 

Ao final do obradoiro fixemos un exemplo dunha actividade completa coa canción «Make it stop» de Rise Against na que nos foi explicando os distintos exercicios que se poden levar a cabo con esta canción como base e tratando o tema do acoso escolar (bulling). 



Comezou a actividade cunha imaxe dunha escea de acoso escolar e fíxonos preguntas sobre ela; unha vez introducido o tema do acoso escolar na aula vimos o videoclip da canción, expuxemos as nosas reaccións e abriuse un debate (por suposto todo en inglés); analizamos as consecuencias do acoso escolar e pasounos unha folla coa letra da canción para ler en voz alta (pode servir para practicar a pronunciación). Outros dous exercicos que nós non levamos a cabo pero que nos propuxo como peche da actividade foron os de representar escenas (mesmo se lles pode pedir aos alumnos que escriban eles os diálogos) e mostrarlles os distintos recursos aos que poden acudir se sofren acoso escolar ou se saben dalgún caso.

Como vedes unha canción pode dar para moito nunha clase.





Aqui tedes dous enlaces que nos recomendou Rick Sampedro como fontes para escoller cancións para distintas actividades: 


Síntoo polas compañeiras de francés, pero toda a información está en inglés nas dúas webs. 

Espero que vos sexa de axuda a entrada. Boa fin de semana!


4 comentarios:

  1. Me ha parecido una entrada increíble. ¡Te agradezco un montón que hayas compartido toda esta información! Me encanta la música y tuvo un papel vital en mi aprendizaje del inglés, por lo que siempre he pensado que es una buena manera de aprender y de motivar a los alumnos. Creo que esto puede ser muy, muy útil. Thanks!

    ResponderEliminar
  2. Estoy de acuerdo con Cristina! Me ha encantado tu entrada y que buena idea de compartirla ya que yo fui al mismo taller y no se me ocurrió ponerlo en el blog. Me pareció muy interesante y la metodología de las canciones es muy buena para aplicarla a nuestras futuras clases. Ojalá hubiese durado algo más el taller! Gracias por compartirlo ;)

    ResponderEliminar
  3. Este tipo de entradas son las entradas a las que me refiero en mi propuesta de "generosidad docente" de la rúbrica de evaluación. Parte del aprendizaje que estoy obteniendo en este master es gracias a que muchos de vosotros no tenéis reparos en proporcionar recursos, información, actividades, ideas... lo agradezco de verdad.

    ResponderEliminar
  4. Xenial a entrada! Serviranos de guía para saír a facer o exercicio da canción! A min tamén me encantou dar o tema das cancións como elementos educativos, parecenme moi útiles, porque de feito cando eu aprendía a falar francés algo que me axudou a subir moitísimo o meu nivel de comprensión e de expresión oral foi a música que escoitaba daquela :) E así debemos transmitirllo ós nosos alumnos! Sobre todo vós, os de inglés, debedes inculcarlle que intenten comprender a letra cada vez que sona unha canción en inglés, así chegará un momento en que eles mesmos querrán seguir aprendendo a través de algo tan divertido :)

    ResponderEliminar