venres, 28 de novembro de 2014

Programar, unha función máis do docente


Bo día!
Good morning!
Bonjour!
¡Buenos días!

Hoxe toca falar un pouco de teoría, xa que na sesión do mércores con Carlos tratamos principalmente o tema da programación. Este tema xa o teríamos que ter bastante controlado da materia de Deseño Curricular e Organización de Centros Educativos do módulo común, pero por motivos que todos coñecemos, creo que nos veu ben o repaso para ter todo claro e que as nosas nocións sobre este tema non se baseen só na elaboración de dúas unidades didácticas sen ningunha explicación previa a maiores da frase: «No os preocupéis, hay un montón en Internet que os pueden servir de modelo». 

domingo, 23 de novembro de 2014

As variables na situación do ensino, o concepto de erro e a explicación do gran misterio

Ola a tod@s!
Hi everybody!
Salut à tous!
¡Hola a tod@s!

Hoxe toca adicar a entrada á sesión do pasado mércores na que falamos sobre as variables na situación de ensino: as características dos alumnos, as características do centro e os obxectivos. A explicación centrouse sobre todo na variable das características do alumnado entre as que destacan a idade e a súa lingua inicial. Ademais tratamos os conceptos de interlingua e o de erro.

Non traterei aquí cada un deses temas, só aqueles que máis me fixeron reflexionar.

venres, 21 de novembro de 2014

Aprender cantando

Ola a tod@s!
Hi everybody!
Salut à tous!
¡Hola a tod@s!


Preguntarédesvos: e esta entrada a que vén? Pois decidín escribir sobre isto debido á clase do pasado luns con Mª Carmén onde nos comentou que na seisión do luns que vén teremos que idear unha actividade para empregar nunha clase de lingua estranxeira que estea baseada nunha canción ademais de explicarnos que distintas competencias e contidos podemos tratar a través das cancións, como podemos organizar esa actividade, ... Esa explicación lembroume a un obradoiro ao que acudín fará tres ou catro semanas, na FFT, sobre o pontencial da música na ensinanza das linguas estranxeiras «Growing for a Change: The True Potencial of Music and Songs in ELT» impartido por Rick Sampredo. Foi un obradoiro moi interesante e que considero que pode ser de axuda para a actividade do próximo luns, por iso o quixen compartir aquí con vós.

mércores, 19 de novembro de 2014

Debatendo se aprende

Good morning!
Bonjour!
¡Buenos días!
Bos días!


Hoxe toca reflexionar sobre os dous temas que causaron máis debate na sesión do pasado mércores: a avaliación entre iguais e as TIC na aula.

martes, 18 de novembro de 2014

En busca da vocación

Hi everyone!
Salut à tous!  
¡Hola a tod@s!
Ola a tod@s!

Como adiantei na entrada anterior, aquí estou inaugurando o apartado de Biografía deste Blog. Creo que o que se espera deste apartado é que comece facendo unha pequena introdución sobre min relacionándoa con este máster; así que: Let's go!

sábado, 15 de novembro de 2014

Entre linguas e didácticas

Ola a tod@s!
Hoxe toca falar da primeira sesión da asignatura pola que xurdiu este Blog: Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras. O pasado mércores tratamos os seguintes temas na aula: os distintos tipos de linguas segundo o contexto de adquisición e o contexto de uso, o repertorio lingüístico, introducimos a didáctica das linguas estranxeiras, debatemos sobre algúns métodos de avaliación que nos propuxo o profesor e, debido á actividade que consiste na creación deste Blog, tamén debatemos bastante sobre o uso das TIC na ensinanza.

Nesta entrada publicarei, por se vos son de utilidade, algúns esquemas elaborados tras ler o que fun anotando durante a explicación e ,tras cada un deles, comentarei as reflexións xurdidas deses aspectos da explicación.

venres, 14 de novembro de 2014

Presentación

Bos días a tod@s!


Son Alicia e este é o Blog que empregarei como portfolio para deixar plasmadas as miñas reflexións sobre o que vaiamos aprendendo ao longo destas catro semanas na materia de Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras, ademais dos distintos traballos que fagamos. Intentarei tamén darvos a coñecer as miñas experiencias pasadas relacionadas cos temas que tratemos durante as distintas sesións e as diferentes reflexións sobre o pasado, presente ou futuro ás que me fagan chegar eses temas.

Espero que vos gusten e vos parezan interesantes as miñas entradas. Moito ánimo con esta aventura «bloggeira» (especialmente para as novatas coma min)