venres, 6 de febreiro de 2015

Algo de moitivación, aptitude e multicompetencia antes de comezar coas prácticas

Ola a tod@s!
Salut à tous!
Hi everyone!
¡Hola a tod@s!


Hoxe toca falar do último dos temas que tratamos con Gonzalo «Tema 12: motivación, aptitude e multicompetencia». A continuación exporeivos os puntos da sesión que para min foron máis interesantes e que máis me fixeron pensar.

mércores, 4 de febreiro de 2015

Que nos ofrece a UE?

Bo día a tod@s!


Hoxe exporeivos as miñas impresións sobre o tema 11, adicado aos programas e recursos europeos destinados á educación.

luns, 2 de febreiro de 2015

Coñecemos un pouco mellor a metodoloxía do traballo por proxectos

Ola a tod@s!


Nesta entrada falareivos, como veño facendo nas últimas, dos coñecementos que adquirín e as reflexións ás que me levou un dos temas tratados con Gonzalo, neste caso o tema 10, adicado á metodoloxía do traballo por proxectos. 

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Toma de conciencia, apropiación, autonomía e a destreza da expresión oral

Bo día a tod@s!


Hoxe toca falar do «Tema 9: O ensino da expresión oral». Este tema comezámolo cun pequeno exercicio que nos fixo darnos conta de que existe un elemento imprescindible en calquera actividade de debate ou discusión sobre un tema, e este elemento é a confrontación de ideas. Se todos os alumnos pensan igual sobre o tema que se lles propón non funcionará a actividade, polo que deberemos asignarlles nós o punto de vista que defenderá cada un.


mércores, 21 de xaneiro de 2015

Como mellorar o ensino da comprensión oral?

Bo día a tod@s!

Nesta entrada falareivos das miñas reflexións e do que me pareceu máis interesante do «Tema 8: O ensino da comprensión oral».


martes, 23 de decembro de 2014

Os artigos sobre a destreza da produción escrita e algo máis

Ola a tod@s!
Salut à tous!
Hi everyone!
¡Hola a tod@s!


Hoxe vou falar da segunda sesión que tivemos con Gonzalo fai xusto unha semana. Nesta sesión, tres das nosas compañeiras expuxeron tres artículos relacionados coa destreza da escritura nas clases de lingua estranxeira. A primeira delas foi sobre o uso de Facebook na clase (Alejandra Alonso), a segunda sobre unha nova forma de ensinar a escribir que consistía en que os alumnos primeiro saiban o que está mal para logo chegar ao que está ben (Aida Alonso) e a última exposición trataba sobre o feedback (Cristina Caramés). 

domingo, 14 de decembro de 2014

Análise dunha programación didáctica

Bo día!

Como xa vos imaxinaredes, nesta entrada falareivos da programación didáctica que seleccionamos as miñas dúas compañeiras de grupo, Aida e Ana, e eu, para poder realizar a encomenda que nos propuxo Carlos.