luns, 2 de febreiro de 2015

Coñecemos un pouco mellor a metodoloxía do traballo por proxectos

Ola a tod@s!


Nesta entrada falareivos, como veño facendo nas últimas, dos coñecementos que adquirín e as reflexións ás que me levou un dos temas tratados con Gonzalo, neste caso o tema 10, adicado á metodoloxía do traballo por proxectos. 





Comezamos este tema difinindo en que consistía esta metodoloxía e diferenciando os proxectos das tarefas, así quedounos claro que unha tarefa sería un exercicio como por exemplo a redacción dunha carta, é dicir, de curta duración e co que se traballan unha ou dúas destrezas; mentres que un proxecto lévase a cabo durante máis tempo e consistiría, por exemplo, en escribir un portfolio ao longo de todo un curso; ademais nos proxectos trabállanse todas as destrezas. 
Esta metodoloxía baséase no construtivismo e nas aprendizaxes significativas, polo que se trata dunha metodoloxía centrada nos alumnos, na que eles mesmos dirixen o seu traballo e na que o docente ten a función de guía ou proveedor de recursos. Os proxectos que se lles formulan aos alumnos deberanse basear en problemas reais que se solucionarán mediante unha investigacion directa, é dicir, orixinal, que non estea basada en ningunha outra; e os resultados deberanse poder observar no entorno, ser tanxibles e susceptibles de compartirse co resto da comunidade educativa. 
Gracias á explicación sobre este tema, tamén coñecemos os distintos tipos de proxectos (de clase, webquests, colaborativos e actividades informáticas), o seu desenvolvemento (planificación, produción e conclusión) e como se debería avaliar e proporcinar o feedback; pero para min o máis interesante foi a parte na que falamos dos beneficios desta metodoloxía:

- son de tarefas de lingua auténticas que preparan ao alumnado para o mundo real
- baséanse en problemas reais e os alumnos saben que os resultados se van facer públicos, o que fomenta a motivación
- favorece a interacción e as relacións interpersoais
- promove a aprendizaxe autónoma
- adquiren coñecementos de forma colaborativa
- aumenta a autoestima dos alumnos

Coñecer estes e máis beneficios, ademais de algunhas posibles dificultades (alumnos que non fan nada, diferentes velocidades dos grupos de traballo, ...), da metodoloxía do traballo por proxectos fíxome reflexionar sobre os resultados que esta podería ter se se aplicase á materia de inglés e motivoume para pensar en distintas formas de implementala como futura profesora. 

A esta reflexión contribuíron as exposicións das nosas compañeiras Laura Ferro, Andrea e Nadia sobre os artigos relacionados con este tema. As dúas primeiras faláronnos de exemplos prácticos desta metodoloxía; no caso do Laura consistía nun proxecto para a emisión dun programa de radio en tres idiomas (español, francés e inglés) e no caso de Andrea para a creación dunha páxina web mediante a colaboración de institutos de diferentes países. Con estes dous proxectos observamos a repercusión das vantaxes comentadas anteriormente e os aspectos negativos ou dificultades que tamén poden xurdir con esta metodoloxía, ademais de proporcionarnos exemplos reais que nos farán máis fácil a tarefa de deseñar proxectos para por en práctica nós mesmas.


A presentación de Nadia fíxonos darnos conta da importancia da autoavaliación, xa que contribúe a que os alumnos perciban as súas carencias pero tamén as súas melloras e fomenta a obxectividade, o pensamento crítico e a autonomía. Ademais de ofrecernos outro caso práctico de aprendizaxe por proxectos no que vimos corroboradas todas as ideas que nos introducía ao comezao da exposición a cerca da autoavalición, que, mesturada co traballo por proxectos aínda aumenta os seus beneficios.

Por último nesta entrada, quero compartir con vós este vídeo, xa que me parece que contén un moi bo exemplo para comprender os principios da metodoloxía de traballo a través de proxectos:



Gracias por ler, e ata a próxima entrada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario