Ola a tod@s!
Hoxe toca falar da primeira
sesión da asignatura pola que xurdiu este Blog: Didáctica da ensinanza das
linguas estranxeiras. O pasado mércores tratamos os seguintes temas na aula: os
distintos tipos de linguas segundo o contexto de adquisición e o contexto de
uso, o repertorio lingüístico, introducimos a didáctica das linguas
estranxeiras, debatemos sobre algúns métodos de avaliación que nos propuxo o
profesor e, debido á actividade que consiste na creación deste Blog, tamén
debatemos bastante sobre o uso das TIC na ensinanza.
Nesta entrada publicarei, por se vos son de utilidade, algúns esquemas elaborados tras ler o que fun anotando durante a explicación e ,tras cada un deles, comentarei as reflexións xurdidas deses aspectos da explicación.